Presentación na Casa de Galicia en Madrid, do documental “Anduriña, muller de ida e volta».

O acto contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodriguez Miranda; o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos; a directora do documental, Cristina Pascual e o produtor da peza, Alberto Outeiriño.

Este documental narra as historias de 15 mulleres de #Maceda (Ourense), que emigraron nos anos 60 e 70 subliñando os desafíos e a resiliencia, elementos estes, os que tiveron que facer fronte. Anduriña, muller de ida e volta, está a realizar unha xira mundial por máis de 50 centros galegos, levando unha emotiva testemuña de conexión coa terra.