Esta peza documental, recolle a testemuña de quince mulleres emigrantes do Concello de Maceda; Francisca Costa Blanco, Pilar Iglesias Lamelas, Paz González González. Maruja Requejo Valino,  Victoria Gómez Martínez, Josefina González González, Filo Vázquez Gómez, Elvira Méndez Asorey, Concepción Bretana Estévez, Asunción Blanco Fernández, Dolores Fernández Sinde, Emilia Fernández Sinde, María Dolores Gómez Bretana, Mª Concepción Gómez Fernández, María Rosa Méndez Pardo,

Cada historia é una ensinanza, a súa vida é a memoria dun pobo. Baixo a atenta e curiosa mirada da súa directora Cristina Pascual, este traballo de carácter social invita a reflexionar sobre as ausencias, sobre as dificultades de iniciar una nova vida lonxe do fogar, e sobre a precariedade laboral na etapa máis escura da historia de Galicia.

Tamén quere levar un pouco de luz a través da irmandade que se vai artellando entre as protagonistas, mulleres que tiveron que deixar agochado o pasado, mulleres que caían enfermas ó separarse dos fillos, mulleres que hoxe poden sorrir a pesar dos pesares.

A rodaxe foi realizada durante o mes de febreiro en distintas localizacións do Concello de Maceda: Tioira, Santirso, Escola de música e Centro sociocomunitario de Maceda.

Nesta ocasión a productora local O Faiado producións estivo formada por Alberto Outeiriño, como operador de cámara, Jose Juan Pérez, na foto fixa e Roberto Cid nas cámaras e na montaxe xunto con Cristina Pascual.

08/03/2023

Toda la información relevante del proyecto